lunes, 30 de noviembre de 2015

Nova páxina web


Dende agora!!!!! Se queredes seguir as andanzas dos ratos máis lectores da rede, teredes que buscalos no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipjosemarialage/blogdebiblioteca

 Moitas grazas pola vosa fidelidade!!!!!!

viernes, 19 de diciembre de 2014

GUÍA DE LECTURAS: NADAL 2014

Xa estamos de vacacións de nadal, e que mellor que adicar un ratiño á lectura.
A biblioteca do cole pecha por vacacións, pero lembrade que no noso concello temos unha marabillosa biblioteca chea de fantásticos libros que agardan por nenos e nenas que os queiran coller.

O equipo de biblioteca fixo esta guía de lectura, esperamos que vos gusten as nosas suxerencias.







BO NADAL A TOD@S

ANIMACIÓN LECTORA DOS COLABORADORES

Como xa sabedes, este venres tivemos dúas sesións de animación á lectura, grazas aos colaboradores da biblioteca.

Primeiro, teño que rectificar o título da obra que representaron. A dramatización esta baseada nun conto de Miguel Vázquez titulado "A noite de Reis da princesa".

E agora, tócame dar os parabéns a todos os que fixeron posible esta sesión. Se queredes ler o conto ou os poemas que alí representaron, aquí tendes os libros de onde foron sacados.



No libro "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra atoparás todos os poemas navideños que tan ben recitaron os colaborador@s, entre outros. Ademáis o libro ven cun cd para escoitar os poemas cantados.

E no libro "Contos de Reis e de Nadal", de Miguel Vázquez Freire atoparás sete contos, e entre eles o que leva por título "A Noite de Reis da princesa".

Animámosvos a que leades estes libros, agora que tedes uns días de vacacións. No primeiro atoparedes poemas divertidos, no segundo contos que axudan a reflexionar.

BO NADAL E FELICES LECTURAS.

martes, 16 de diciembre de 2014

SESIÓNS DE ANIMACIÓNS LECTORAS


Os nosos colaboradores da biblioteca levan semanas preparando unha pequeniña obra de teatro e uns poemas sobre o nadal. Por fin, hoxe farán o estreno na hora do recreo. Os elexidos esta vez son os rapaces de educación infantil. Non vos preocupedes os de primaria, que tamén teredes oportunidade de velos. Simplemente teredes que agardar ata o próximo venres.



Non o podedes perder. Achegádevos á biblioteca, de seguro que vos gustará.

PREGUNTAS DA SEMANA

Estas son as preguntas da Olimpíada do Saber destas últimas semanas.

Ata o ano que ven non haberá máis preguntiñas, así que, pasade unhas boas vacacións. Aproveitade para pescudar.

lunes, 24 de noviembre de 2014

LIBROS PARA MERGULLARSE NA AUGA

Na biblio xa temos unha sección nova adicada ao tema do proxecto deste ano "Mergúllate na auga". Aquí vos presento algúns dos novos libros mercados.





Temos libros para ler, e libros para experimentar coa ciencia e, por suposto, coa auga!!!!



OBRADOIRO DE DEBUXO


O martes e o mércores pasado tivemos na nosa biblioteca un obradoiro de debuxo, para plasmar en imaxes as historias que nos contaron os colaboradores da biblioteca. Así, durante dous días, na hora do recreo, a biblioteca encheuse de artistas. As obras de arte creadas foron a paran a unha gran exposición na entrada do cole. Aquí tendes o resultado, como veredes as momias foron as protagonistas.



Quedamos con ganas de repetir a experiencia, contamos contigo!

PREGUNTA DA SEMANA

Empeza unha nova semana e, con ela, toca unha nova pregunta. Estamos xa na pregunta número 4. Desta vez toca unha faciliña.


lunes, 17 de noviembre de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO

Hoxe tivemos a sesión de contacontos desenvolvida polo grupo de animación á lectura dos colaborador@s da biblioteca. Todo un éxito, máis de un cento de alumnos e alumnas de primaria achegáronse á biblioteca para escoitar os catro contos que nos leron. Así, todos apertadiños, xa que a biblio hoxe quedounos un pouco pequena, escoitamos contos de momias, monstros dos mares, vermes terroríficos...

E mañá toca obradoiro de debuxo para plasmar todas esas escenas de medo. Non volo podedes perder.


Decoración con libros sobre a temática.

Pouca luz e candeas para crear un ambiente máxico.

PREGUNTA NÚMERO 3

Ésta é a pregunta da semana. Xa sabedes, primeiro investigar e logo completar o caderniño.


sábado, 15 de noviembre de 2014

O NOSO PROXECTO XA TEN NOME

O proxecto deste ano xa tiña tema, a auga, pero grazas a todos os alumnos do cole, e en particicular aos nenos e nenas da aula de 5 anos-B, por fin xa ten nome.



E xa estamos todos empezando a traballar no proxecto. Este curso todas as titorías traballarán no pdi, e algúns especialistas tamén se apuntaron a mergullarse na auga. Mirade o mural que fixemos para organizar un pouco o traballo.




V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


A semana pasada  desenvolvéronse no Palacio de Congresos de Santiago unhas xornadas sobre bibliotecas escolares. E como xa fai varios anos, cada vez que hai xornadas sobre bibliotecas escolares, ata alí fomos para aprender un pouquiño máis deste tema.
Estas xornadas dannos a oportunidade de seguir formándonos, de acercarnos ás experiencias doutros centros, de relacionarse coa realidade das bibliotecas dos centros escolares de toda Galicia. Algunhas ideas trouxemos, e esperamos podelas desenvolver ó longo deste curso.


viernes, 14 de noviembre de 2014

OLIMPÍADA DO SABER: PREGUNTA Nº2


Aquí tendes a segunda pregunta desta nova olimpíada. Esta vez toca unha un pouco máis difícil. Aí vai a pregunta.



A auga é moi importante para a vida de personas, animais e plantas. Lembrade que que hai que facer un uso responsable dela. NON A MALGASTES.

RECREOS TERRORÍFICOS



Como xa anunciamos hai uns días, o medo non rematou no cole de Ortigueira. Os colaborador@s da biblio levan semanas preparando unha sesión de contos de medo para entreter a todos os rapaces que se pasen pola biblio. Cando será? O próximo 17 de novembro.




E despois da sesión de contacontos de medo, os seguintes días poderás achegarte á biblioteca a facer os teus propios debuxos sobre os contos.



Xa ves, estamos preparando unha morea de actividades para que a nosa  sexa unha biblio chea de vida e experiencia compartidas, e este mes, de MEDO.

VEN Á BIBLIOTECA, TRABALLAMOS PENSANDO EN TI.

PROXECTO AQUÍ TAMÉN SE LE.

Desde a biblioteca escolar do colexio levamos dous cursos cun proxecto de fomento da lectura chamado "Aquí tamén se le". Queremos ampliar a acción da biblioteca do colexio CEIP José María Lage de Ortigueira, creando novos recunchos de lectura no pobo. A nosa idea é crear espazos de lectura en locais e negocios onde os máis pequenos podan ler mentres esperan polos seus maiores. Nós poñemos os libros e vós poñedes o espazo. Se vos inscribides, un mestre vos levará unha mochila con contos e vós, habilitaredes un lugar para eles no voso local. Se tés un negocio e queres participar chama ao colexio e pregunta por algún mestre da biblioteca.



NOVEMBRO: MES DO MEDO


A biblioteca escolar adica este mes ó medo. Para comezar ambientamos a nosa biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos... Despois adornamos tamén o noso taboleiro na entrada do cole. E para completar a ambientación, decidimos facer unha exposición de libros sobre esa temática. Onde? Pois na entrada do cole. Para que? Para que todos poidan curiosear nas páxinas dos libros.
Queres ver a nosa exposición? Pois aquí esta.



A exposición estará na entrada do cole ata o luns 10 de novembro. Logo a trasladaremos ata a biblioteca, para que o alumnado poida levar para a súa casa algún destes libros.

Estade atentos, que o medo aínda non rematou.

NOVO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Este curso estamos iniciando un novo Proxecto Documental Integrado. O tema xa o temos decidido, traballaremos sobre A AUGA. Pero agora necesitamos a axuda de todos os mestres e alumnos para atopar un TÍTULO ao noso/ ao voso proxecto. Os colaboradores da biblio fixeron un bonito mural no que os alumnos ían pegando gotas de auga e peixes coas súas propostas.

Así comezou o mural...


Pouco a pouco fumos enchendo o mural, primeiro con pinguiñas de auga...



... e logo, máis pingas e  os primeiros peixiños foron aparecendo...




... ata encher o mural cun mar de chuvia e creatividade plasmada a través dos variados títulos propostos.




E agora, só nos queda escoller o título que guiará os nosos pasos ao longo deste curso. Cal será? Por aquí vos deixo algúns deles: "A auga é vida", "O son das ondas", "Cada gota conta", "A auga é natural e xenial", "A vida na auga", "A auga é a natureza", "Todo es agua", "O valor da auga", "Olas máxicas", "As pingas de auga, orixe da vida", "A auga é diversión, vida e alegría", "Auga para todos", e tantos outros.  

jueves, 13 de noviembre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Como todos os anos, o 24 de outubro é un día especial para nós, a celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Este ano o lema de Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos un lema moi interesante:

BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!

Interesante lema e bonito o cartel realizado polo ilustrador David Pintor que nos fixeron chegar.



E para celebrar este data, o 23 fixemos a entrega de premios do II Concurso Fotográfico de Verán "E li... onde les?". E ao día seguinte, venres 24 de outubro, inauguramos a exposición de libros matemáticos.
Valaquí tedes algunha foto da exposición.






Na exposición de libros tiñamos dúas seccións: "Os nosos libros", onde presentamos os catro libros Cadernos de Bitácora que fixemos a partires dos traballos elaborados polo noso alumnado nos cadernos das mochilas viaxeiras, e que formarán parte dos fondos da nosa biblioteca; e por outra banda "Libros de matemáticas":  contos, libros para  colorear, poemas, libros de acertixos, de pedagoxía matemática.... E todos eles para tocar, para mirar, para deixarse sorprender, manipular,...

Xa sabes que.... SE ALGÚN O QUERES LER, ACHÉGATE Á BIBLIOTECA. 

II CONCURSO FOTOGRÁFICO DE VERÁN: "E TI... ONDE LES?"

A finais do curso pasado propuxemos este concurso fotográfico para participar ao longo de todo o verán. Ó comezo do curso montamos a exposición con todas as fotos participantes no noso taboleiro da entrada do colexio. Toda a comunidade educativa puido ver a cantidade de lugares onde se pode desfrutar dunha boa lectura. Mirade que fermosas fotos fixeron as familias que se animaron a participar.




 Aquí tedes, máis de cerca, estas orixinais fotos. Que difícil foi escoller a gañadora!







   


O xurado decidiu darlle o premio á foto nº20, que levaba por título "Rumbo á imaxinación". Parabéns á gañadora!

Esperamos que para o seguinte concurso se animen moitos máis nenos e nenas.

domingo, 9 de noviembre de 2014

2ª OLIMPÍADA DO SABER

Este curso temos organizada a 2ª Olimpíada do Saber. Xa temos apuntados aos rapaces e eles xa teñen os seus caderniños en casa. Esta olimpíada estará baseada en preguntas relacionadas co tema do noso PDI, é dicir, a auga.

 E aquí vai a primeira pregunta, sinxela para ir pouco a pouco tomándolle gusto.




Pensa, investiga, e cando xa o teñas claro... ESCRIBE NO CEDERNIÑO OLÍMPICO A RESPOSTA. Non te precipites, pénsao ben antes.